Programas Operativos Plurirrexionais 2007-2013

No período de programación 2007-2013, Galicia recibirá Axuda Estrutural comunitaria procedente dos Programas Operativos plurirrexionais do FEDER, do FSE e do Fondo de Cohesión/FEDER nunha contía estimada de 1.784,3 millóns de euros.
Trátase de Programas operativos que se invisten en Galicia e noutras comunidades autónomas a través da Administración General del Estado. Tres deles, I+D+i, Economía do Coñecemento e Asistencia técnica FEDER, son cofinanciados polo FEDER; outros tres, Loita contra a discriminación, Adaptabilidade e emprego, e Asistencia técnica FSE, son cofinanciados polo FSE; e o de Cohesión/FEDER é cofinanciado conxuntamente polo FEDER e o Fondo de Cohesión.
Todos eles contribúen á Estratexia de Lisboa, agás os de Asistencia técnica, e conforman, xunto cos Programas rexionais FEDER e FSE Galicia e a parte da Cooperación Territorial Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal, o MECEGA 2007-2013, que é o documento de planificación económica a medio prazo que recolle os obxectivos e estratexias comunitarias que se desenvolven na rexión coa finalidade de acelerar a converxencia coa media de España e da Unión Europea.