Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal 2007-2013
No marco do novo Obxectivo de Cooperación Territorial, España participa en 7 programas: 2 de Cooperación Transfronteiriza (con Francia e Portugal), 4 de Cooperación Transnacional e 1 de Cooperación Interrexional.
A Cooperación Transfronteiriza é unha das clases de cooperación existente na programación comunitaria 2007-2013, as outras dúas son a interrexional e a transnacional.
O importe estimado para o PO de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal alcanza 207,18 millóns de euros 2007 (a parte de España). A parte de Portugal ascende a 60,22 millóns de euros 2007 de Axuda. O total do PO sería entón de 267,40 millóns de euros.
O Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, abrangue un territorio composto por 17 NUTS III fronteirizas, territorio este que constituirá o ámbito básico de aplicación.
Trátase, polo tanto, dun programa cunha forte incidencia territorial e, en menor escala, poboacional.
As 5 NUTS III fronteirizas na Área de Cooperación Galicia-Norte de Portugal son: Pontevedra, Minho-Lima, Cádavo, Ourense e Alto Trás-os-Montes; aos que se engaden os NUTS III adxacentes que no caso de Galicia son A Coruña e Lugo, e na parte do Norte de Portugal son a Área Metropolitana do Porto, Ave, Támega e Douro.
A C.A. Galega forma parte da Área de Cooperación Galicia-Norte de Portugal (PO de CTT España-Portugal), que alcanza unha programación comunitaria de 54,10 millóns de euros 2007. A Xunta de Galicia xestionará Axuda por un importe de 28,86 millóns de euros 2007, o que representa o 53,35%, mentres que o AGE investirá na C.A. 25,24 millóns de euros para o novo período de programación.
Os Eixes de intervención nos que se materializan os ámbitos da Estratexia da Axuda de Cooperación Territorial Transfronteiriza en Galicia no período 2007-2013 son os seguintes:
- Cooperación e xestión conxunta para o fomento da competitividade e a promoción do emprego.
- Cooperación e xestión conxunta en Medio, patrimonio e prevención de riscos.
- Cooperación e xestión conxunta en Ordenación do territorio e accesibilidade.
- Cooperación e xestión conxunta para a integración socioeconómica e institucional.
- Cooperación e xestión conxunta na Asistencia técnica de Cooperación Transfronteiriza.