Información e Comunicación

As autoridades europeas han decidido dar maior relevancia e visibilidade á información e a comunicación co obxectivo de dar a coñecer os logros e os obxectivos obtidos cos fondos da Unión Europea.

A información e comunicación dos obxectivos da política económica da Unión Europea, as oportunidades de financiamento e os resultados dos proxectos constitúen elementos esenciais para os períodos de programación.

Esta política de comunicación ten como obxectivo xeral informar da existencia dos fondos comunitarios; o seu contido; forma de acceso; oportunidades de financiamento; do calendario da súa execución e dos seus obxectivos e logros obtidos. A finalidade última é que a cidadanía coñeza como se invisten os fondos da Unión Europea.