O instrumento de recuperación europeo

Next Generation EU

NextGenerationEU é un instrumento temporal, dotado con 750 000 millóns de euros, que proporciona unha resposta rápida e eficaz para a recuperación dos danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia de coronavirus. A Europa posterior á COVID-19 será máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.

  • Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia (MRR): elemento central de NextGenerationEU, con 672 500 millóns de euros en préstamos e subvencións para apoiar as reformas e investimentos emprendidas polos países da UE. O obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia de coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sostibles e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os Estados membros están a traballar nos seus plans para acceder aos fondos no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
     
  • Axuda á Recuperación para a Cohesión e os Territorios de Europa (REACT-UE): NextGenerationEU tamén inclúe 47 500 millóns de euros para REACT-UE. Trátase dunha nova iniciativa que continúa e amplía as medidas de resposta e reparación de crises aplicadas a través da Iniciativa de Investimento en Resposta ao Coronavirus e a Iniciativa de Investimento en Resposta ao Coronavirus Plus. Contribuirá a unha recuperación ecolóxica, dixital e resiliente da economía.

 

Os fondos poñeranse ao dispor de:

  • Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
  • Fondo Social Europeo (FSE)
  • Fondo de Axuda Europea para as Persoas Máis Desfavorecidas (FEAD)

 

NextGenerationEU tamén achegará fondos adicionais a outros programas ou fondos europeos, como Horizonte 2020,  InvestEU, Desenvolvemento Rural ou o Fondo de Transición Xusta (FTX).

 

NextGeneration EU
Mecanismo de Recuperación y Resiliencia
REACT-UE
Horizonte Europa
InvestEU
Desarrollo Rural
Fondos de Transición Justa (FTJ)
RescEU
Total
[Millones de euros]
672.500
47.500
5000
5.600
7.500
10.000
1.900
750.000

Directo a