Aviso Legal

Información xeral

Este Portal ten por obxecto poñer a disposición dos usuarios de xeito totalmente de balde diferentes servicios e informacións relacionadas coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

Este sitio web e todos os seus contidos, incluíndo os textos, imaxes, son e calquera outro material, son propiedade da Xunta de Galicia a non ser que se indique unha titularidade diferente. A reproducción, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras, constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual. Igualmente, todas as marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos no portal están protexidos por Lei. Só está autorizado o uso persoal non comercial. Non está permitida a modificación da web nin dos seus contidos.

O usuario non poderá acceder ó Portal de xeito que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servicios ofrecidos, nin acceder a sitios, servicios, sistemas informáticos ou a redes conectadas ó Portal sen autorización cando esta sexa preceptiva para o acceso. En particular queda prohibido o envío de correo masivo non solicitado e introducir virus informáticos, arquivos defectuosos ou programas que poidan causar prexuízo a esta administración ou a terceiros.

A Consellería de Facenda non garante que a web e o servidor estean libres de virus e non se fai responsable de consecuencia ningunha, dano ou prexuízo derivado tanto da imposibilidade de acceder á web como do acceso ó uso da información contida naquela ou noutras páxinas de sitios web de terceiros a través de "ligazóns" situados nesta páxina.

A Consellería de Facenda resérvase o dereito a suspender temporalmente o acceso ó portal, sen aviso previo, de forma discrecional e temporal. Así mesmo, poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa configuración ou presentación.

A información administrativa facilitada a través desta web non substitúe a publicidade legal das normas e dos actos que teñan que ser publicados formalmente en diarios oficiais. De igual xeito, a información proporcionada a través do Portal, mediante resposta á consulta de expedientes ou derivada de calquera base de datos ten carácter meramente orientativo e en ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, agás nos casos que así se sinale ou se derive de normativa específica.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ó establecido no Regulamento de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Política de cookies

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do/a usuario/a polo Portal e o emprego dos servizos dispoñibles nel.
  • Cookie analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras  nel.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookie:

Cookie Tipo Temporalidade Titularidade Finalidade
JSESSIONID Técnica Sesión Propia Identificar a sesión activa de navegación.
LFR_SESSION_STATE_#ID# Técnica Temporal Propia Identificador da persoa usuaria no CMS.
GUEST_LANGUAGE_ID Técnica Temporal Propia Garda o idioma principal da navegación.
COOKIE_SUPPORT Técnica Temporal Propia Comproba o soporte para as cookies do navegador.
_ga Analítica Persistente Allea. Condicións do servizo. Distinción entre persoas usuarias.
_gid Analítica Temporal Allea. Condicións do servizo. Distinción entre persoas usuarias.
_ga_#id# Analítica Persistente Allea. Condicións do servizo Mantén o estado da sesión.
_gat_gtag_UA_#id# Analítica Temporal Allea. Condicións do servizo Almacena o identidicador único da persoa usuaria.
Outras cookies en uso por Google Analytics. Analítica, Personalización, Funcionalidade Persistente, Temporal Allea. Condicións do servizo Diferenzan ás persoas visitantes e analizan o seu comportamento en liña.

Protección de datos

De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, infórmase do seguinte:

Responsable do tratamento:

Identidade: Consellería de Facenda.
Enderezo postal: Edificio administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Teléfono: 981 544 121
Correo electrónico: secretaria.xeral.facenda@xunta.gal
Delegado de protección de datos: Información xeral sobre a protección de datos

Finalidade:

Os datos persoais recollidos neste formulario serán tratados coa finalidade de rexistrar e xestionar as consultas dos cidadáns.

Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recolleron e para determinar as posibles responsabilidades que podan derivarse de dita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.

Non se realizarán decisións baseadas no tratamento automatizado dos datos. 

Lexitimación:

Base xurídica do tratamento:
-    Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
-    Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
No caso de non proporcionar os datos solicitados non será posible a tramitación da consulta.

Destinatarios:

Os datos da consulta poderán ser comunicados a outros órganos das administracións públicas cando deban pronunciarse sobre o contido das mesmas.

Dereitos:

Poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou en calquera das Oficinas de rexistro e información propias da Xunta de Galicia, segundo se recolle en Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais. Ademais terán dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.