Programa Operativo de Cooperación Interrexional 2007-2013

O programa de Cooperación Interrexional concíbese como un instrumento de deseño e potenciación da política rexional, polo que se centra no intercambio de experiencias, ou traspaso e difusión de boas prácticas, fundamentalmente no campo da innovación, no medio e na prevención de riscos.


España participa, ademais, en ESPON, INTERACT (axuda aos organismos de xestión dos programas de cooperación) e URBACT (redes temáticas das cidades), así como en 3 programas de veciñanza: 2 transfronteirizos con Marrocos, un no que participan Andalucía, Ceuta, Melilla e o Norte de Marrocos, e o outro no que participan Canarias e o sur de Marrocos; e o 3º transnacional, que cobre todos os Estados membros e terceiros países da conca mediterránea.
Outro programa de Cooperación Territorial Interrexional dos 27 Estados membros da UE é ORATE (observatorio sobre a ordenación do territorio).
No PO de Cooperación Territorial Interrexional Europeo 2007-2013 participan todos os Estados membros, máis os países de Noruega e Suíza.
A Autoridade de xestión do PO e o Consello Rexional de Nord-Pas de Calais, en Lille (Francia). Tamén existen 4 puntos de información, situados en Lille, Rostock (Alemaña), Katowice (Polonia) e Valencia (España).


A estratexia do PO articúlase en tres Eixes prioritarios:

1.- Innovación e economía do coñecemento.
2.- Medio e prevención de risco.
3.- Asistencia técnica.
 
O programa ten un orzamento de 321.321.762 euros de Axuda FEDER, para o período 2007-2013 e abarca a totalidade do territorio da UE, máis Noruega e Suíza. A España corresponderíalle a cantidade de 28.172.233 euros en Axuda.