Converxencia económica 2007-2013

O acordo de perspectivas financeiras 2007-2013 permite que España siga sendo un dos principais países beneficiarios da política rexional europea. Así, España termina o período 2000-2006 cunha maioría de rexións dentro do Obxectivo 1 e inicia o período 2007-2013 cunha maioría de rexións dentro do Obxectivo de Competitividade Rexional e Emprego, e cun período transitorio de saída do Fondo de Cohesión.

Para o novo período proponse un marco simplificado para a política de cohesión baseado en 3 grandes Obxectivos,  Converxencia, Competitividade Rexional e Emprego, e Cooperación Territorial Europea, que tratan de garantir a adecuada aplicación das Axendas de Lisboa e Gotemburgo tendo en conta tamén as circunstancias específicas das rexións.

Galicia  atópase no grupo de rexións españolas incluídas no Obxectivo Converxencia, que persegue crear unhas condicións máis favorables para o crecemento e o emprego.

Neste apartado pódense consultar outros documentos relevantes distintos dos Programas Operativos, que complementan a planificación económica da C.A. e o proceso de converxencia de Galicia con España e a Unión Europea.