Plan Sinerxía. Curso 2026/27

O Plan Sinerxía é unha iniciativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, destinada a promover a innovación educativa e a coordinación e desenvolvemento integrado de actuacións nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta Consellería.
 
O programa abarca seis ámbitos de actuación vencellados aos mencionados obxectivos:

  • Educación artística e patrimonial
  • Educación para a igualdade e a cidadanía 
  • Educación intercultural e internacionalización
  • Educación en lingua e comunicación
  • Educación en hábitos de vida saudables
  • Educación para a sostibilidade

 
Neste marco, o plan impulsa o deseño e desenvolvemento de proxectos interdisciplinarios que, desde a autonomía dos centros e mediante o emprego de metodoloxías activas, favorezan a aprendizaxe competencial e a participación activa do alumnado.
 
Estas iniciativas pretenden integrar de maneira transversal as competencias clave e os elementos curriculares vinculados, entre outros aspectos, ao desenvolvemento sostible, á educación para a saúde, á igualdade entre mulleres e homes, á promoción da nosa cultura, ao tempo que ofrecen respostas educativas aos desafíos sociais, económicos e ambientais da sociedade actual e futura. Así mesmo, os proxectos poderán xerar experiencias, modelos de traballo e boas prácticas que contribúan á mellora do labor docente e que poidan ser compartidos e aproveitados por outros centros e pola comunidade educativa galega no seu conxunto.
Neste curso escolar 2026/27 ofrécense 25 programas educativos, que poden ser consultados na web do Plan Sinerxía (véx. Programas)
 

Prazo de solicitude: ata o 13 de novembro de 2026.
 

Convocatoria do Plan Sinerxía

Solicitude: a través da aplicación do Programas Educativos 

•    Anexo I: listaxe programas Plan Sinerxía 2026/27 
•    Logo do Plan Sinerxía
 

Ligazón 

Material didáctico: 

Unidades didácticas sobre os Fondos Europeos 

  1. A Unión Europea en Galicia. “Xuntos por un futuro común”
  2. Que son os Fondos Europeos? “Fondos europeos: construíndo oportunidades para Galicia”
  3. O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). “Crecemento con cohesión: así constrúe Europa”
  4. Fondo Social Europeo Plus (FSE+). “Investir nas persoas”
  5. Fondos de Cooperación Territorial Europea. (FCTE) "Cooperar é medrar xuntos." (Interreg)
  6. Fondos Next Generation EU. “Igualdade, innovación e progreso: o legado Next Generation”
  7. Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e Fondo Europeo de Garantía Agraria (FEAGA) “A UE sementando futuro no rural galego”
  8. Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA) “O mar como fonte de vida, cultura e futuro”
  9. Fondos Europeos formativos. “Formarse, investigar e conectar para transformar Europa”
  10. Fondo Europeo de Transición Xusta (FTX). “Cambiar de modelo sen deixar a ninguén atrás.”

Exposición sobre Fondos Europeos 

Actividades na aula