Exposicións Itinerantes
2024-2025. OS FONDOS EUROPEOS EN GALICIA
Nesta exposición itinerante, composta por 16 paneis informativos, a cidadanía puido coñecer a historia dos fondos europeos, facendo fincapé no Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no Fondo Social Europeo Plus (FSE+), no Fondo de Transición Xusta, no Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), nos Plans Estratéxicos da Política Agraria Común (PEPAC) e na Cooperación Territorial Europea.
A través deles, a exposición amosou proxectos salientables implementados na nosa Comunidade Autónoma e como contribuíron, entre outros aspectos, a desenvolver e mellorar a capacidade de investigación, innovación e dixitalización, a fomentar a inclusión activa e a igualdade de oportunidades, ao desenvolvemento sostible das zonas rurais e pesqueiras ou a favorecer a cooperación territorial.
Esta exposición, ao longo dos anos 2024 e 2025, estivo presente nas localidades de, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, A Coruña, Ferrol, Lalín, Lugo, Noia, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Ribadeo, San Cibrao das Viñas, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Sarria, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Verín e Xinzo de Limia.
2026-2027. 40 ANOS DE FONDOS EUROPEOS EN GALICIA
A través desta exposición itinerante, composta por 20 paneis informativos, pode observarse como cambiou Galicia nos últimos 40 anos grazas á entrada na Unión Europea e á chegada dos fondos europeos.
Por unha banda, constátase como era a nosa Comunidade Autónoma antes do ano 1986 (ano de entrada na Unión Europea) e como se foi desenvolvendo e modernizando a través dos sucesivos períodos de programación dos fondos europeos. Faise unha especial mención, para cada un destes períodos, cales foron os principais obxectivos que se foron acadando.
Por outra banda, tamén se amosa cales foron os cambios e melloras que se foron acadando en cada un dos diversos sectores socioeconómicos nos que os fondos europeos tiveron un alto impacto.
Esta exposición inaugurouse o 9 de maio de 2026 (Día de Europa) no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela e estará presente en máis de trinta localidades galegas ata finais do ano 2027.