Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020

Para o Programa Operativo de FSE Galicia 2014-2020, designouse como autoridade de xestión á Subdirección General Adjunta de la S. G. Unidad Administradora del Fondo Social Europeo. Pódese acceder á resolución pola que se acorda esta designación e obter información sobre esta unidade a través dos seguintes enlaces:

Para o Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, designouse como autoridade de certificación á Subdirección General Adjunta de Control y Pagos de la Subdirección General de la Unidad Administradora del Fondo Social Europeo. Poderase acceder á resolución pola que se acorda esta designación así como a estrutura desta autoridade a través dos seguintes enlaces:

Para o Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 foi designado como organismo intermedio a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda. Nesta sección pode acceder ao contido dos acordos para a atribución das funcións do dito programa operativo:


estrutura orgánica da Consellería de Facenda está regulada no Decreto 30/2017, do 30 de marzo, modificado polo Decreto 11/2019, do 7 de febreiro e polo Decreto 69/2019, do 27 de xuño. En concreto, na súa sección 2ª establécense as competencias da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos. Na dita sección recóllense, a nivel de subdirección xeral e de servizo, as unidades administrativas que participan na xestión e control dos fondos comunitarios nos que a dita dirección xeral actúa como organismo intermedio. Do mesmo xeito, tamén se detallan as funcións que realizan estas unidades.

Nesta sección, ademais de poder acceder ao Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, e ás súas modificacións, tamén se recolle un organigrama das unidades administrativas da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos que participan na xestión e control dos fondos comunitarios nos que actúa como organismo intermedio diferenciado para o Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

Detállanse nesta sección os distintos órganos ou unidades administrativas que actúan como órganos xestores:

Consellería Órgano xestor FSE
Consellería de Economía, Emprego e Industria Instituto Galego de Promoción Económica - IGAPE
Consellería de Política Social Sub. Xeral  de Promoción da Autonomía persoal e prevención da Dependencia
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns Públicas e Xustiza Sub. Xeral  para o Tratamento da Violencia de Xénero
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns Públicas e Xustiza Sub. Xeral  Xestión-Técnico Admtva. e Orzamentaria
Consellería de Economía, Emprego e Industria Sub. Xeral de Economía Social
Consellería de Economía, Emprego e Industria Sub. Xeral de Emprego
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Sub. Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial
Consellería de Política Social Sub. Xeral de Inclusión e Integración Social
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Sub. Xeral de Promoción Científica e Tecnoloxía Universitaria
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns Públicas e Xustiza Sub. Xeral de Promoción da Igualdade
Consellería de Economía, Emprego e Industria Sub. Xeral de Relacións Laborais
Consellería de Facenda Sub. Xeral de Xestión do FSE e outros Programas Comunitarios
Consellería de Política Social Sub. Xeral Política Familiar, Infancia e Adolescencia
Consellería de Economía, Emprego e Industria Subdirección Xeral das Cualificacións
Consellería de Facenda Intervención Xeral da Comunidade Autónoma - IXCA
Consellería de Política Social Subdirección Xeral de Dependencia e Valoración da Discapacidade
Consellería de Economía, Emprego e Industria Subdirección Xeral de Promoción Laboral
Consellería de Política Social Subdirección Xeral de Recursos Económicos
Consellería de Política Social Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e de Atención Diurna
Consellería de Política Social Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar - CGIB