PEPAC 2023 - 2027 (anterior FEADER)

Plan estratéxico da PAC 2023-2027

A Política Agrícola Común (PAC) tratou de ir adaptándose ás necesidades dos cidadáns a través de sucesivas reformas, a última das cales finalizou en decembro de 2021 coa publicación dos tres Regulamentos principais deste novo período:

  • O regulamento referido aos Plans estratéxicos da PAC: Regulamento (UE) do Parlamento Europeo e do Consello do 2 de decembro de 2021
  • O regulamento horizontal sobre financiamento, xestión e seguimento da PAC: Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello do 2 de decembro de 2021
  • O relativo á organización común de mercados dos produtos agrarios: Regulamento (UE) 2021/2117 do Parlamento Europeo e do Consello do 2 de decembro de 2021

A elaboración do plan

A nova PAC aplicarase de 2023 a 2027 a través dun único Plan Estratéxico da PAC, elaborado por cada Estado membro e aprobado pola Comisión Europea. Na elaboración do citado plan, os Estados membros analizaron a súa situación de partida e as súas necesidades específicas, estableceron os fitos anuais e as metas para alcanzar e deseñaron as intervencións precisas para a consecución deses obxectivos.

Durante a fase de deseño, tivéronse en conta os obxectivos xerais e específicos da PAC, relacionados con metas comúns da UE en materia de sustentabilidade social, ambiental e económica da agricultura e as zonas rurais.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e as comunidades autónomas han cooperado de forma coordinada na elaboración do Plan Estratéxico da PAC (PEPAC) de España, aprobado pola Comisión Europea o 31 de agosto de 2022.

O programa

Este PEPAC 2023-2027 ten como obxectivo o desenvolvemento sostible da agricultura, a alimentación e as zonas rurais para garantir a seguridade alimentaria da sociedade a través dun sector competitivo e un medio rural vivo.

A PAC fará un uso máis eficiente do orzamento, ligando axudas ao cumprimento de obxectivos, principalmente en tres eixos:

  • Maior equidade no apoio á renda, a través dunha mellora no sistema de repartición das axudas directas.
  • Garantir o cumprimento de compromisos e objetios ambientais, combinando medidas de carácter regulamentario con pagos que remuneren os esforzos dos agricultores que vaian máis aló da liña de base.
  • Posta en funcionamento dun amplo conxunto de medidas encamiñadas a contribuír á sustentabilidade ambiental, económica e social do sector: investimentos, innovación, formación e asesoramento, así como un esforzo decidido por facilitar a incorporación de persoas mozas, e á redución da brecha de xénero no sector.

Respecto do contido, o plan estratéxico, entre outras cuestións, inclúe a avaliación das necesidades do territorio, a estratexia de intervención, os pagos directos, as intervencións en determinados sectores ou as intervencións para o desenvolvemento rural especificadas na estratexia, o plan de metas e o plan financeiro, o sistema de gobernanza e coordinación, así como os elementos establecidos a escala nacional e rexional.

Sistema de Gobernanza e Coordinación

A Secretaría Xeral de Agricultura e Alimentación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) foi designada Autoridade de Xestión do PEPAC, quen, baixo a dependencia do ministro, é o órgano directivo do Ministerio directamente responsable da PAC.

Designáronse dezasete Autoridades de xestión rexionais, unha por cada comunidade autónoma, que son responsables das intervencións rexionais no marco do Feader que correspondan ao seu ámbito territorial. No caso de Galicia a condición de Autoridade de Xestión do PEPAC recae sobre a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) foi autorizado como organismo pagador a nivel nacional e como organismo de coordinación dos dezaoito organismos pagadores, o nacional e un único por cada comunidade autónoma, para a xestión e control do pago do gasto, con cargo aos fondos europeos agrícolas FEAGA e Feader. O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) exerce para estes efectos a condición de organismo pagador a nivel autonómico.

Creouse o Comité de Seguimento do Plan estratéxico da PAC e o 30 de novembro de 2022 constituíuse o Comité de Seguimento Rexional en Galicia, para supervisar a aplicación dos elementos rexionais e facilitar información respecto diso ao Comité de seguimento do Plan, de acordo ao establecido no artigo 124 do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello.

Documentos asociados