FEMPA 2021 - 2027

O Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura  (FEMPA) é o fondo europeo do marco financiero plurianual 2021-2027 para as políticas marítimas e pesqueiras da UE.

A norma que o regula é o Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de xullo de 2021 polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2017/1004, que establece as prioridades do FEMPA, o seu orzamento e as normas específicas para a concesión das axudas.

Ademais, para a concesión do financiamento dos proxectos que se presenten tamén hai que ter en consideración o regulamento que se coñece como Regulamento de Disposicións Comúns (RDC) que é o Regulamento (UE) 2021/1060) que aplica tamén para o resto dos fondos deste período 2021-2027.

Prioridades

As prioridades deste Fondo son:

  • Prioridade 1: fomentar a pesca sostible e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos.
  • Prioridade 2: fomentar as actividades sostibles de acuicultura, así como a transformación e comercialización de produtos da pesca e a acuicultura, contribuíndo así á seguridade alimentaria na Unión.
  • Prioridade 3: permitir unha economía azul sostible nas zonas costeiras, insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas.
  • Prioridade 4: reforzar a gobernanza internacional dos océanos e permitir que os mares e océanos sexan seguros, protexidos, limpos e estean xestionados de xeito sostible.

Funcionamiento

Ao igual que no período anterior (2014-2020) unha parte do orzamento total do Fondo é asignada a cada estado membro no que se chama xestión compartida do fondo, é dicir, as autoridades nacionais e a Comisión son responsables conxuntamente da aplicación do programa.

Cada estado membro elabora un programa nacional (aprobado pola Comisión), no que establece como vai dispor do diñeiro da parte do Fondo que ten asignada.

En España, a Secretaría General de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca y Medio Ambiente é a autoridade de xestión do Fondo e distribúe unha parte entre as Comunidades Autónomas. A autoridade de xestión tamén pode delegar funcións nos organismos intermedios de xestión.

Cada Comunidade Autónoma con organismos intermedios de xestión determina os tipos de intervención (equivalente ás medidas do fondo anterior) que van empregar do Fondo para acadar os obxectivos establecidos.

Os criterios para a selección dos proxectos son elaborados conxuntamento polos organismos intermedios de xestión das CCAA e a autoridade de xestión, de xeito que existe un documento único de criterios de selección para España.

Para que a autoridade de xestión e os organismos intermedios de xestión reciban o reembolso das cantidades abonadas ao beneficiario, deberán certificarse os importes á Comisión.

Documentos asociados