Placas permanentes
Uso: O beneficiario deberá colocar, nun lugar ben visible para o público, unha placa permanente de tamaño significativo nun prazo de 3 meses a partir da conclusión dunha operación que consista na compra dun obxecto físico, no financiamento dunha infraestrutura ou en traballos de construción e que superen os 500.000 euros de custo total subvencionable.
É necesario ter en conta que a conclusión da operación considérase neste caso como conclusión física da operación, por exemplo, tras a recepción da obra, instalación da máquina ou a presentación da súa xustificación.
Primeiro parágrafo:
- Debe indicar que a empresa ou organización foi beneficiaria do programa correspondente.
- Este parágrafo debe ocupar o maior espazo no cartel.
Segundo parágrafo:
- Describe a actuación específica pola cal se recibiu a subvención.
- Este parágrafo debe ter unha tipografía 7 puntos menor que a do primeiro parágrafo.
Datos técnicos:
- Inclúe o obxectivo do proxecto, o marco da convocatoria e o investimento realizado.
- Estes datos deben mostrarse cunha tipografía 7 puntos menor que a do segundo parágrafo.
O cartel informativo debe incluír a pastilla descargable correspondente no inferior da peza.
Ejemplos