Pautas xerais
Hai dúas grandes tipoloxías de aplicación dependendo de quen estea a realizar a comunicación:
- La Xunta de Galicia realiza a comunicación. Xeralmente será unha comunicación na que se anuncia a posta en marcha dun programa por parte da Xunta. Neste caso a aplicación debe destacar nun primeiro nivel o programa, acompañado nun segundo nivel polo marco no que se integra este programa.En todos os casos deberá ir acompañado ao pé pola composición creada a partir do xerador de identificadores que transmite a cadea de financiamento do programa.
- O beneficiario da actuación realiza a comunicación. Neste caso estamos ante o cumprimento das obrigacións de visibilidade, transparencia e comunicación detalladas anteriormente. A aplicación debe destacar nun antetítulo o programa, seguido dun título que recolla a actuación, un subtítulo co marco no que se integra e o resto dos datos necesarios nun último nivel. Como no caso anterior, deberá ir acompañado ao pé pola composición creada a partir do xerador de identificadores que transmite a cadea de financiamento da actuación.
Poden consultar exemplos xerais máis abaixo, e exemplos específicos de cada tipo de aplicación nas seguintes páxinas desta sección.
Exemplos xerais