Programa Transfronterizo Interreg Sudoe 2021-2027
O Programa Interreg Sudoe 2021-2027 foi aprobado pola Comisión Europea o 13 de decembro de 2022.
Este programa apoia o desenvolvemento rexional no sudoeste de Europa, financiando proxectos transfronteirizos a través do fondo FEDER. Promove a cooperación para tratar problemáticas comúns ás rexións deste territorio, como o baixo investimento en investigación e desenvolvemento, a baixa competitividade da pequena e mediana empresa e a exposición ao cambio climático e riscos ambientais.
O Programa Sudoe seleccionou para o período 2021-2027 catro prioridades e nove obxectivos específicos:
- Preservar o capital natural e reforzar a adaptación ao cambio climático:
- OS 2.4 Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas
- OS 2.5 Promover o acceso á auga e unha xestión hídrica sostible
- OS 2.7 Incrementar a protección e a conservación da natureza, a biodiversidade e as infraestruturas verdes, tamén nas zonas urbanas, e reducir toda forma de contaminación
- Promover a cohesión social e o equilibrio territorial e demográfico no Sudoe mediante a innovación e a transformación dos sectores produtivos:
- OS 1.1 Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas
- OS 1.4 Desenvolver capacidades para a especialización intelixente, a transición industrial e o emprendemento
- Promover a cohesión social e o equilibrio territorial e demográfico no Sudoe a través da innovación social, a valorización do patrimonio e os servizos:
- OS 4.1 Mellorar a eficacia e o carácter inclusivo dos mercados de traballo, así como o acceso a un emprego de calidade, mediante o desenvolvemento de infraestruturas sociaise a promoción da economía social
- OS 4.5 Velar pola igualdade de acceso á asistencia sanitaria e reforzar a resiliencia dos sistemas sanitarios, en particular a atención primaria, así como fomentar a transición da asistencia institucional á asistencia nos ámbitos familiar e local
- OS 4.6 Potenciar o papel da cultura e o turismo sostible no desenvolvemento económico, a inclusión social e a innovación social
- Reforzar o impacto do Sudoe nos territorios:
- OS 6.6 Outras accións que apoien unha mellor gobernanza da cooperación
O investimento do programa para 2021-2027 é de 115.700.000 € procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).