Seguimento
A normativa europea establece que os Estados membros deberán facer un seguimento dos programas para examinar a execución e os avances na consecución dos seus obxectivos.
Para iso deben crear comités de seguimento, de acordo co seu marco institucional, xurídico e financeiro.
Entre as funcións dos comités de seguimento poderían sinalarse:
- Examinar a execución do programa e o avance na consecución dos seus obxectivos.
- Examinar todas as cuestións que afecten ao rendemento do programa.
- Examinar os avances logrados na execución de operacións de importancia estratéxica, cando sexa pertinente.
- Aprobar a metodoloxía e os criterios empregados para a selección das operacións, así como calquera modificación destes.
- Examinar e aprobar o informe final de rendemento do programa
O Estado membro decidirá a composición do comité de seguimento, que estará composto por representantes das autoridades competentes do Estado membro de que se trate e os organismos intermedios e por representantes dos socios, entendidos estes como as autoridades locais, os interlocutores económicos e sociais e representantes da sociedade civil.