Indicadores

Os Estados membros deben establecer para cada programa un marco de rendemento que comprenda todos os indicadores, fitos e metas co fin de someter a seguimento e avaliación o rendemento do programa, e informar sobre el. Iso debe permitir levar a cabo o seguimento, a presentación de informes e a avaliación do rendemento durante a execución, e contribuír a medir o rendemento global dos Fondos.
Para realizar este seguimento e avaliación, establécense dous tipos de indicadores
  • Indicadores de realización: miden a realización dunha actuación.
  • Indicadores de resultados: miden vos logros e obxectivos alcanzados con cada actuación.

O documento de referencia que contén a listaxe dos indicadores de realización e de resultado co que se realiza o seguimento dos Fondos FSE+, xunto ás orientacións para a súa recollida, é o seguinte:

Ademais, a Comisión Europea tamén elaborou en 2014 unha guía práctica da recollida e validación de datos, a cal segue vixente neste período 2021-2027 en todo aquilo que non contradiga as disposicións establecidas para o devandito período: