FSE+
Indicadores
No caso do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 elaboráronse unhas orientacións, que axudan a clarificar a contabilización dos indicadores, ás que se poderá acceder a través das seguintes ligazóns:
Para constatar a consecución dos obxectivos fixados, realízanse os seguintes pasos en cada actuación:
- Previamente á súa autorización e posta en marcha, analízase a contribución de cada actuación aos obxectivos globais
- Unha vez autorizada a actuación, faise un seguimento da mesma nunha aplicación informática, onde se segue a súa evolución.
- Paralelamente ao paso anterior, vanse almacenando os datos individualizados de cada persoa participante noutra aplicación informática auxiliar. Estes datos obtéñense da sucesiva contestación de diversos cuestionarios.
- Por último, valídanse os valores alcanzados pola actuación.
Posteriormente, con periodicidade anual, elabóranse e publícanse os denominados Informes Anuais de Execución e Anexos á Cidadanía, aos que se poderá acceder a través da seguinte ligazón: