FEDER

Indicadores

No período de programación 2014-2020 establécese a necesidade de avaliar a eficacia, a eficiencia e o impacto dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos, Fondos EIE.
Para poder realizar esta avaliación, entre outros instrumentos, utilízase o sistema de indicadores. Trátase dunha serie de valores numéricos vinculados coas diferentes actuacións cofinanciadas que permiten:
  • Medir a execución e os obxectivos alcanzados
  • Coñecer os recursos económicos empregados.
  • Combinando as dúas anteriores, establecer unha relación custo-beneficio

Para medir a execución e realización destes obxectivos, establécense dous tipos de indicadores

  • Indicadores de produtividade: miden a realización dunha actuación
  • Indicadores de resultados: miden os logros conseguidos.

Para cada programa operativo, establécese un sistema de indicadores segundo as súas características. Na análise do dito sistema de indicadores hai que distinguir tres aspectos distintos: a definición dos indicadores que se utilizarán; a súa autorización para cada acción que se realice e o seguimento da evolución destes indicadores.


A continuación móstranse os aspectos indicados no parágrafo anterior para cada un dos programas operativos.

No caso do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, no que se refire á definición dos indicadores, elaboráronse senllos manuais para a definición e cálculo de ambos tipos de indicadores, aos que se pode acceder a través dos seguintes enlaces:


Para asegurarse o cumprimento dos obxectivos fixados, realízanse os seguintes pasos con cada actuación:

  • Antes da súa autorización e posta en marcha, analízase a contribución de cada acción aos obxectivos globais
  • Unha vez autorizada a operación, faise un seguimento da mesma nunha aplicación informática onde se analiza a súa evolución
  • Finalmente, valídanse os valores alcanzados pola actuación.
  • Posteriormente, con periodicidade anual, elabóranse e publícanse os denominados Informes Anuais de Execución, onde se publica toda a información pormenorizada do Sistema de Indicadores, ao que se poderá acceder a través das ligazóns que figuran nesta sección.

    Conxuntamente con estes informes anuais tamén se publica un Anexo á Cidadanía. Este anexo, que ten unha extensión moito máis reducida que o informe de execución ao que se fixo referencia no parágrafo anterior, permite unha visión máis simplificada de todos os logros alcanzados. Neste anexo preséntanse actuacións específicas e  singularizadas que, durante o ano que corresponda, se levaron a cabo e se financiaron con fondos europeos, e aos que se poderá acceder a través desta ligazón.