Fondo Europeo de Adaptación a la Globalización (FEAG) 2007-2013

O Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) ten por obxecto apoiar e axudar ás persoas traballadoras despedidas, como consecuencia dos cambios estruturais importantes nos patróns do comercio mundial en especial nas rexións e sectores desfavorecidos pola apertura á economía globalizada, e apoialos a reintegrarse no mercado laboral. Neste sentido o FEAG pretende estimular o crecemento económico e a creación de emprego na Unión Europea.

O FEAG tal como recolle o acordo interinstitucional do 17 de maio de 2006, conta cunha dotación anual potencial dun máximo de 500 millóns de euros destinada á reinserción laboral de persoas traballadoras.