Noticias e notas de prensa
Actualmente, unha das formas máis efectivas de informar á cidadanía sobre as diversas iniciativas financiadas ou cofinanciadas con fondos comunitarios é incluír a correspondente mención nas notas e noticias de prensa.
Por tanto, é fundamental asegurarse de que todas as notas de prensa elaboradas pola Administración autonómica mencionen claramente e nesta orde:
A cantidade que a Xunta (ou o ente correspondente) destinará á acción referida, ademais de para que ou quen será destinada, preferiblemente no titular.
A orixe da axuda, é dicir, de que fondo proveñen e o obxectivo da acción, preferiblemente no subtítulo.
Por último, no corpo da nota de prensa, incluiremos o plan e o marco no que se sitúa a axuda.
Exemplos