Etapa 2021 - 2027
Estrategia y Guía de Comunicación 2021 - 2027
Las normas detalladas relativas a las medidas de información y comunicación dirigidas al público y las medidas de información dirigidas a los solicitantes y los beneficiarios se establecen en el Capítulo III del Título IV del Reglamento (UE) Nº 2021/1060 del Parlamento Europeo y del Consejo de 24 de junio de 2021.
En desarrollo del dicho Capítulo, en el Anexo IX del Reglamento se especifican una serie de normas que se deben tener en cuenta en todas las actividades de información y comunicación.
El concurso Europa-Xunta
El concurso Europa-Xunta
El Concurso Anual de Comunicación de Fondos Europeos de Galicia – Premios #EuropaXunta es una iniciativa promovida por la Dirección General de Cohesión y Fondos Europeos de la Consellería de Hacienda y Administración Pública, que tiene como objetivo dar visibilidad y reconocer los proyectos europeos que contribuyen al desarrollo de Galicia gracias a la financiación comunitaria, al tiempo que fomenta la conciencia ciudadana sobre el impacto real de estos fondos en el territorio. El concurso selecciona, premia, comunica y difunde los proyectos europeos que recibieran financiación a través de los fondos europeos de gestión compartida (proyectos cofinanciados por el FEDER/FEDER, incluido el objetivo de cooperación territorial europea, por el FSE/FSE+, por el FEMP/FEMPA, por el FTX, por el FEADER y por el FEAGA) o de gestión directa por la Comisión Europea (LIFE/LIFE+, HORIZONTE 2020, HORIZONTE EUROPA, LEADER, etc), así como aquellos financiados por el Mecanismo de Recuperación y Resiliencia.
1ª Edición EuropaXunta. Octubre 2024
2ª Edición EuropaXunta. Octubre 2025
La ceremonia de entrega de los Premios #EuropaXunta 2025 se celebró el pasado 31 de octubre en el Centro Gallego de Arte Contemporáneo (CGAC), en Santiago de Compostela, y pudo seguirse en directo a través de Youtube Live.
Categorías de los Premios #EuropaXunta 2025
Los proyectos participantes compitieron en las siguientes categorías, que reflejan las grandes prioridades europeas para el crecimiento y la cohesión:
- #EuropaXunta es más Inteligente, Competitiva y Digital
- #EuropaXunta es más Verde y Conectada
- #EuropaXunta por la Inclusión Social
- #EuropaXunta por la Educación y el Empleo
- #EuropaXunta en el Ámbito Local
- #EuropaXunta es Innovadora y Novidosa
Proyecto ganador
El proyecto ganador de esta edición fue Juventud Mentoring – Transición del ámbito académico al laboral, cofinanciado por el FSE+ Galicia 2021-2027.
Este programa promueve la inserción laboral de la juventud titulada gallega mediante acciones de orientación, formación y mentoría, en colaboración con las universidades gallegas. A través de tutorías individualizadas, formación en competencias profesionales y el acompañamiento de más de 400 personas mentoras del tejido empresarial, el programa facilita la conexión entre el talento nuevo y el mundo laboral.
Con más de 700 participantes y un índice de inserción superior al 50 %, el Juventud Mentoring se consolidó como un referente en Galicia en el apoyo a la juventud para el acceso al empleo cualificado y al emprendimiento.
Conoce los finalistas
A continuación puedes conocer los tres finalistas de cada categoría y descubrir las iniciativas que destacaron por su compromiso con el desarrollo y la cohesión de Galicia gracias al apoyo de los fondos europeos.
1.#EuropaXunta es más Inteligente, Competitiva y Digital
Reconoce proyectos que impulsen la transformación industrial, el apoyo a las pymes, la investigación y la digitalización, fortaleciendo la competitividad económica y la capacidad innovadora de Galicia.
Estos son los tres proyectos más votados y el ganador de esta categoría:
NextPerception (Horizonte 2020)
O proxecto PERSIST – Seguimento personalizado a sobreviventes de cancro desenvolveu un ecosistema dixital baseado en Big Data e intelixencia artificial para mellorar o seguimento e a atención aos sobreviventes de cancro. A través dunha plataforma interoperable e dunha aplicación mHealth, recóllense datos de sensores móbiles e historiales médicos para crear modelos predictivos que apoian a toma de decisións clínicas e melloran a calidade de vida dos pacientes. O proxecto tamén demostrou o valor das biopsias líquidas no seguimento do cancro e promoveu un enfoque centrado no paciente, coa participación directa de profesionais e usuarios en catro países.
SisAl Pilot (Horizonte 2020)
SisAl Pilot – Produción sostible de silicio a partir de materias primas secundarias (HORIZONTE 2020) validou un proceso industrial innovador para producir silicio sostible, substituíndo o tradicional e intensivo proceso en carbono por unha redución aluminotérmica con chatarra de aluminio, logrando reducir ata un terzo do consumo enerxético e as emisións de CO₂. O CITMAga desenvolveu complexos modelos matemáticos e de simulación para optimizar os fornos industriais e confirmar a viabilidade técnica do novo método. O proxecto, cun orzamento global de máis de 14 millóns de euros, reforza a autonomía europea en materias primas críticas e promove unha industria pesada máis limpa, eficiente e competitiva.
NextPerception (Horizonte 2020)
O proxecto NextPerception – Sensores intelixentes de nova xeración para saúde e mobilidade (HORIZONTE 2020) impulsa o desenvolvemento de sensores de percepción avanzada (radar, LiDAR e cámaras 3D) e de intelixencia distribuída para mellorar a monitorización proactiva da saúde, o benestar e a seguridade na automoción. A Universidade de Vigo contribúe á creación dun paradigma de computación descentralizada que combina capacidades Edge e Cloud, garantindo sistemas máis seguros e fiables. O consorcio internacional, con 43 socios de 7 países, traballa en tres casos de uso: seguimento da vitalidade en persoas maiores, vixilancia do condutor e protección de peóns e ciclistas.
2.#EuropaXunta é máis Verde e Conectada
Premia iniciativas que promovan a transición ecolóxica e a mobilidade sostible: proxectos de enerxías renovables, protección ambiental, loita contra o cambio climático, economía circular ou mellora das conexións e do transporte sustentable.
Estes son os tres proxectos máis votados e o gañador desta categoría:
SAFEWAY (Horizonte 2020) - GAÑADOR
O proxecto SAFEWAY– Xestión intelixente para infraestruturas de transporte resilientes, coordinado pola Universidade de Vigo no marco de Horizonte 2020, desenvolveu un sistema de xestión de infraestruturas baseado en tecnoloxías GIS, Big Data e intelixencia artificial para mellorar a resiliencia das redes viarias e ferroviarias fronte a eventos extremos, tanto naturais como humanos. Creou ferramentas para anticipar e mitigar riscos como inundacións, incendios, movementos de terra ou vandalismo, integrando tecnoloxías de teledetección, monitorización en tempo real e análise de datos en nube. A súa plataforma modular permite optimizar a toma de decisións en situacións críticas e fortalecer a seguridade e a sustentabilidade do transporte europeo.
RE-MAR III (FEMP)
A terceira edición do proxecto RE-MAR – Custodia ambiental no Arco Atlántico Galego, impulsado pola asociación AMICOS e cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), promoveu accións de custodia ambiental e redución de residuos mariños no espazo protexido do Arco Atlántico Galego. A través de xornadas de recollida de lixo, campañas de sensibilización, auditorías ambientais e formación a profesionais do sector pesqueiro, implicouse a máis de 1.500 persoas, incluíndo colectivos vulnerables. O proxecto tamén creou o distintivo “Buque Azul” para recoñecer boas prácticas en xestión de residuos e recibiu o Premio Sky Blue (2023) e o Premio Activistas para el Futuro (2024) polo seu impacto en sostibilidade e educación ambiental.
Intermodal Santiago (FEDER)
O proxecto Intermodal Santiago – Mobilidade sostible e conexión ferroviaria, cofinanciado polo FEDER, impulsou a creación dunha nova estación intermodal que integra transporte ferroviario, autobuses e mobilidade urbana sostible na cidade de Santiago de Compostela. Esta infraestrutura permite mellorar a eficiencia dos desprazamentos, reducir o impacto ambiental e favorecer a conexión entre diferentes modos de transporte, consolidando a capital galega como un nó estratéxico de mobilidade verde e conectada.
3.#EuropaXunta pola Inclusión Social
Destinada a proxectos que fomenten a igualdade de oportunidades e a cohesión social, mellorando o acceso a servizos de emprego, saúde, educación, coidados e apoio ás persoas en situación de vulnerabilidade.
Estes son os tres proxectos máis votados e o gañador desta categoría:
Aula do Mar da Mariña (FEMP) - GAÑADOR
O proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), promove a creación dunha Aula do Mar na Mariña lucense como espazo educativo e de divulgación sobre o ecosistema mariño e o desenvolvemento sostible do litoral. A iniciativa busca fomentar o coñecemento do medio mariño entre a poboación escolar e local, promover boas prácticas ambientais e poñer en valor os recursos mariños e pesqueiros da zona. O proxecto reforza o vínculo entre a cidadanía e o mar, combinando educación ambiental, turismo sustentable e conservación.
Programa Paso a Paso (FSE+)
O Programa Paso a Paso – Inclusión social e laboral da poboación migrante, impulsado pola ONG Mestura e cofinanciado polo FSE+ Galicia 2021–2027, ofrece atención integral á poboación migrante en risco de exclusión social nas comarcas da Coruña, Ordes e Betanzos. A través de servizos de atención básica, formación, orientación laboral, asesoramento xurídico e aprendizaxe lingüística, o proxecto favorece a integración socioeconómica e o acceso ao emprego. Cun enfoque centrado nas persoas, acompaña a máis de 700 beneficiarios e impulsa a súa participación activa na comunidade, fortalecendo a cohesión social e a igualdade de oportunidades.
Pontes cara á Dignidade (FSE+)
O proxecto “Pontes cara á Dignidade– Inclusión social e saúde mental en Lugo”, desenvolvido por ALUME Saúde Mental, promove a inclusión social e laboral de persoas sen fogar con trastornos mentais graves na cidade de Lugo. A través dun enfoque comunitario e centrado na persoa, combina atención psicosocial, formación en habilidades, apoio á estabilidade habitacional e coordinación entre entidades públicas e sociais. Con máis de 30 participantes, o programa logrou mellorar o acceso aos servizos sociais e sanitarios, a autoestima e a participación comunitaria. Cofinanciado polo FSE+ Galicia 2021–2027, constitúe un modelo innovador e replicable de intervención en exclusión severa.
4.#EuropaXunta pola Educación e o Emprego
Recoñece proxectos que invisten na educación, formación e aprendizaxe permanente, así como iniciativas que fomenten o emprego de calidade, o emprendemento e a inserción laboral, especialmente da mocidade.
Estes son os tres proxectos máis votados e o finalista desta categoría, Galicia Mentoring, que resultou ser o gañador nesta categoría e do premio ao mellor proxecto:
Xuventude Mentoring (FSE+) - PROXECTO GAÑADOR
O programa Xuventude Mentoring – Transición do ámbito académico ao laboral, cofinanciado polo FSE+ Galicia 2021-2027, promove a inserción laboral da mocidade titulada galega mediante orientación, formación e mentoría. En colaboración coas universidades galegas, ofrece titorías individualizadas, formación en competencias profesionais e acompañamento por parte de máis de 400 persoas mentoras do tecido empresarial. Con máis de 700 participantes e un índice de inserción superior ao 50 %, o programa converteuse nun referente no apoio á mocidade para o acceso ao emprego cualificado e o emprendemento en Galicia.
Xuventude Mentoring na Empresa (FSE+)
O Xuventude Mentoring na Empresa, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude e cofinanciado polo FSE+, facilita estadías formativas remuneradas en empresas galegas a mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Durante entre tres e catro meses, as persoas participantes completan 100 horas de prácticas e formación adicional en competencias profesionais, cunha bolsa mínima de 630 € mensuais. A súa primeira edición, cun orzamento de 1,28 millóns de euros, contou con 170 prazas e acadou un 30 % de inserción laboral, reforzando o vínculo entre mocidade e tecido empresarial.
HEI4Future (Horizonte Europa)
O proxecto HEI4Future –Transformación sostible e innovación nas universidades europeas, no marco de Horizonte Europa, fomenta a capacidade innovadora e emprendedora das institucións de educación superior para contribuír á transición verde e dixital en Europa. Coordinado pola Universidade de Vigo, o consorcio integra universidades e empresas europeas para impulsar a creación de ecosistemas de innovación abertos e colaborativos. A través de accións formativas, programas piloto e cooperación transnacional, o proxecto busca transformar o papel das universidades como motores de cambio sostible e desenvolvemento económico intelixente.
5.#EuropaXunta no Ámbito Local
Recoñece proxectos que invisten na educación, formación e aprendizaxe permanente, así como iniciativas que fomenten o emprego de calidade, o emprendemento e a inserción laboral, especialmente da mocidade.
Estes son os tres proxectos máis votados e o finalista desta categoría, Galicia Mentoring, que resultou ser o gañador nesta categoría e do premio ao mellor proxecto:
O proxecto Begonte Genera constitúe o maior Mercado Local de Enerxía (MLE) do territorio estatal. Trátase dun modelo innovador de xeración e consumo enerxético, baseado na implementación dunha microrrede eléctrica intelixente e bidireccional, que emprega tecnoloxía fotovoltaica para a produción de electricidade a partir de fontes renovables en xeración distribuída, e un complexo sistema de almacenamento intelixente que garante un subministro estable as 24 horas do día, os 7 días da semana. Está cofinanciado por FEADER.
En Rede – Participación e liderado feminino no rural (FSE+)
O proxecto En Rede, impulsado polos concellos de San Xoán de Río e Larouco e cofinanciado polo FSE+, promove o empoderamento e a inclusión social de mulleres do rural ourensán en risco de illamento. A través de atención individual, obradoiros cocreativos, actividades de saúde e espazos de participación cidadá, fomenta a autoestima, as habilidades sociais e a autonomía persoal. Todas as accións son desenvolvidas por profesionais e emprendementos femininos, xerando tamén impacto económico local e fortalecendo o tecido comunitario.
Transformando Brión (FEADER)
Cofinanciado polo FEADER a través da medida LEADER, o proxecto Transformando Brión creou un centro de transformación agroalimentaria que ofrece instalacións comúns con rexistro sanitario para pequenos produtores. O espazo fomenta a produción sostible, o emprendemento rural e a economía circular, permitindo a transformación e comercialización de produtos locais. Con máis de 230 usuarios de toda Galicia, maioritariamente mulleres, converteuse nun referente en innovación rural e colaboración no sector primario.
6.#EuropaXunta é Innovadora e Novidosa
Recoñece proxectos aínda en desenvolvemento que achegan novas solucións ou enfoques pioneiros fronte aos retos actuais, introducindo melloras na forma de actuar respecto de períodos anteriores.
Estes son os tres proxectos máis votados e o gañador desta categoría:
Centro de Protonterapia de Galicia (FEDER) - GAÑADOR
Cofinanciado polo FEDER 2021–2027 e promovido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), o Centro de Protonterapia de Galicia supón un fito na atención oncolóxica avanzada. A terapia de protóns permite aplicar radiación de alta precisión sobre tumores, reducindo os danos nos tecidos sans e mellorando a calidade de vida dos pacientes, especialmente nenos e persoas con tumores en zonas sensibles como cerebro, ollos ou medula espiñal. Cun investimento superior aos 22 millóns de euros, o novo centro evitará o desprazamento de pacientes a outras rexións e situará Galicia á vangarda da medicina radioterápica europea.
IO4COLON (FEDER)
O proxecto IO4COLON, cofinanciado polo FEDER a través do programa PYME Innova, tivo como obxectivo o descubrimento e desenvolvemento preclínico de novos candidatos a fármacos para o tratamento do cancro de colon mediante a activación do sistema inmunitario. Liderado pola empresa galega GalChimia, en colaboración con Oncostellae e AMS Lab, o proxecto combinou dúas liñas de investigación: inhibidores da quinasa ALK5 e antagonistas de glucocorticoides GR, ambos con resultados prometedores en modelos animais. Representou un salto cualitativo para a biotecnoloxía galega, ao ser o primeiro proxecto con capital galego orientado a crear un medicamento eficaz contra este tipo de cancro.
Prevención do Suicidio na Mocidade (FSE+)
Este proxecto, cofinanciado polo FSE+ Galicia 2021–2027, impulsa a creación dun programa integral de prevención do suicidio (Youth Aware of Mental Health (YAM)) orientado á detección temperá, atención psicolóxica e acompañamento a persoas en risco, así como ao apoio ás familias e profesionais. A iniciativa aposta por fortalecer os recursos de saúde mental na comunidade, promover campañas de sensibilización e crear protocolos de coordinación entre servizos sanitarios, educativos e sociais. O proxecto contribúe directamente aos obxectivos europeos de benestar emocional e inclusión social, consolidando unha rede galega de atención preventiva.