Criterios e Procedementos
Entre as funcións do Comité de Seguimento do Programa Galicia FEDER 2021-2027 figura a de examinar e aprobar a metodoloxía e os criterios de selección de operacións do programa.
Os criterios de selección de operacións asegurarán a contribución das operacións ao logro dos obxectivos e resultados específicos dos obxectivos do programa, serán transparentes e non discriminatorios, e terán en conta os principios de promoción da igualdade entre homes e mulleres e non discriminación e de desenvolvemento sustentable.
As operacións non se seleccionarán para recibir axuda do FEDER se concluíron materialmente ou se executaron integramente antes de que o beneficiario presente á autoridade de xestión a solicitude de financiamento conforme ao programa, á marxe de que o beneficiario efectuase todos os pagos relacionados.