Seguimento

A normativa europea establece que os Estados membros deberán facer un seguimento dos programas para examinar a execución e os avances na consecución dos seus obxectivos.

Para iso deben crear comités de seguimento, de acordo co seu marco institucional, xurídico e financeiro.

Entre as funcións dos comités de seguimento poderían sinalarse:

  • Examinar a execución do programa e o avance na consecución dos seus obxectivos.
  • Examinar todas as cuestións que afecten ao rendemento do programa.
  • Examinar os avances logrados na execución de operacións de importancia estratéxica, cando sexa pertinente.
  • Aprobar a metodoloxía e os criterios empregados para a selección das operacións, así como calquera modificación destes.
  • Examinar e aprobar o informe final de rendemento do programa

A súa constitución debe realizarse no prazo de tres meses a partir da data en que se notifique ao Estado membro a decisión pola que se adopta un programa.

No caso do Programa Galicia FEDER 2021-2027, a dita constitución tivo lugar o 10 de febreiro de 2023.

En canto ao seu funcionamento, a normativa comunitaria prevé que cada comité de seguimento adoptará o seu regulamento interno ao que se pode acceder a través do seguinte enlace:

O Estado membro decidirá a composición do comité de seguimento, que estará composto por representantes das autoridades competentes do Estado membro de que se trate e os organismos intermedios e por representantes dos socios, entendidos estes como as autoridades locais, os interlocutores económicos e sociais e representantes da sociedade civil.