Goberno de España

As actuacións de comunicación relacionadas coa execución do Plan incorporarán o logo oficial do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Reino de España, nos termos que se comuniquen pola Autoridade Responsable.
Elemento a emplear

Versión en galego

Versión en castelán

Á súa vez, o logotipo poderase empregar en convivencia co do Goberno de España, ou algún dos seus ministerios, cando se refira a fondos xestionados por máis dunha autoridade de xestión.
Elemento a empregar

Versión Goberno

Versión Ministerio

Cando sexa necesaria a utilización conxunta do logo oficial do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Reino de España cos identificadores do Goberno de España separaranse entre eles a distancia entre os piares do escudo do Goberno de España. Colocarase o identificador correspondente do Goberno de España (goberno ou o ministerio encargado) en primeiro lugar e igualarase a altura do logo oficial do Plan á altura do separador que acompaña ao Goberno.
Exemplificación da combinación

Versión Goberno
Versión Ministerio